A soberanía alimentaria é un concepto que fai alusión ao dereito dos pobos a elixir a súa propia política alimentaria, é dicir, a escoller os alimentos que consomen, así como a forma de produción e distribución destes alimentos. No actual contexto mundial de inestabilidade xeopolítica, dependencia enerxética e quecemento global xorde a pregunta: tería capacidade Galicia para producir todos os alimentos que precisa e, polo tanto, "alimentarse a si mesma" de xeito saudable? Neste vídeo divulgativo (6´ 57´´) atoparás a resposta.
A peza forma parte da serie Ciencia á Feira, o proxecto de ciencia comunitaria interxeracional do Grupo XuvenCiencia (USC).

