Curtametraxe documental (5´ 12´´), con guión de Julio Eiroa, que nos fala da importancia da paisaxe como elemento esencial da configuración da identidade dos pobos, poñendo o foco nunha paisaxe singular: a das serras do sur da Dorsal Galega (Serra do Suído, Serra do Faro de Avión e Serras do Montouto e A Paradanta).
A peza foi elaborada para a Asociación para o Desenvolvemento do Alto Tea Covelonatural e contou co financiamento do Concello de Covelo.

