Documental (1 h, 16´) que nos permite facer un percorrido pola Ribeira Sacra, unha das paisaxes singulares que Otero Pedrayo describiu e teorizou, destacando nela a harmonía perfecta entre a natureza e o traballo humano. A través desta viaxe audiovisual descubriremos un patrimonio cultural e lingüístico único, así como a idiosincrasia dun pobo (os ribeiraos e as ribeirás) que configurou a súa identidade en harmonía co territorio.
O documental está dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación.

