Vespa velutina en Lugo, conciencia con ciencia

Incorporación a Proxector: 14/6/2019

Vídeo (26´ 34´´) de divulgación científica no que Xesús Feás, investigador da Facultade de Ciencias da USC, nos fala da Vespa velutina, unha especie invasora que se detectou por primeira vez en Galicia en 2012 e que, segundo os datos oficiais, pasou en catro anos de 2 niños a máis de 10.000. Na súa charla explícanos as ameazas que supón a súa presenza e preséntanos as diferentes liñas de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra de Lugo para frear a súa expansión.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Xesús Feás    AUTORÍA
14/6/2019
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube