As razóns xenéticas da importancia da diversidade e a contribución das migracións

Incorporación a Proxector: 10/4/2019

Vídeo (47’ 38’’) no que Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, achega os resultados de investigacións realizadas ao longo da historia que ilustran a variabilidade xenética nos seres humanos. Trata as diferentes achegas dos xenetistas sobre as migracións das distintas comunidades ao longo dos séculos e fala das explicacións que a xenética pode ofrecer a estudos doutras áreas, como a onomástica.

Relatorio presentado na xornada Persoas refuxiadas conCiencia. Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento, organizada polo Consello da Cultura Galega (15 de febreiro de 2018).

Anxo Carracedo    AUTORÍA
Consello da Cultura Galega CREACIóN
10/4/2019
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube