Vídeo didáctico (2´). Tres alumnas de 4º de ESO pregúntanse pola altura da fonte do Castro, en Sada, a máis fermosa e artística de todas as que hai na contorna; unha fonte emblemática dedicada a Castelao. Sen outros medios máis que os seus coñecementos de matemáticas e dunha maneira moi sinxela calculan, valéndose da semellanza de triángulos, a altura exacta.
A peza foi elaborada por María Casal, Carlota Fiaño e Sara Paz (alumnas do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada) para participar no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" no curso 2014-2015.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xerardo Casal Urcera.

