Amor a primeiro arrecendo

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo (8´ 46´´) de divulgación científica no que Mateo Vázquez Torres, investigador na Facultade de Veterinaria da USC, nos fala do órgano vomeronasal, órgano auxiliar do sentido do olfacto que detecta sinais químicos (as feromonas). Nesta charla descubrirás como funciona o sistema vomeronasal en diferentes especies animais, facendo fincapé en dúas especies para as que as feromenas teñen especial importancia: o ualabí de Bennet e o capibara.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Mateo Vázquez Torres    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO