Da penicilina á resistencia antimicrobiana

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo (28´ 44´´) de divulgación científica no que Azucena Mora e Isidro García, investigadores do Laboratorio de Referencia de E. Coli da Facultade de Veterinaria da USC, nos falan do seu traballo no estudo da bacteria Escherichia coli e, máis en concreto, das últimas liñas de investigación que están a desenvolver, centradas na resistencia aos antimicrobianos. Nesta charla descubrirás como as bacterias multirresistentes aos antibióticos se converteron na principal ameaza para o ser humano e que actuacións se están a desenvolver, tanto en medicina humana como en medicina veterinaria, para combater este problema.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Isidro García Meniño    Azucena Mora Gutiérrez    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO