Partes do corpo humano nun chip

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo de TED (13´ 23´´) no que a investigadora Geraldine Hamilton nos explica cales son as dúas principais ferramentas que temos actualmente ao noso dispor para ensaiar se un determinado fármaco vai ser eficaz e seguro nos seres humanos: as células en placas de cultivo e os ensaios con animais. A seguir, preséntanos o proxecto que se está a desenvolver no seu laboratorio para introducir nun chip células nun ambiente dinámico, chegando a poder recrear a funcionalidade dun corpo humano de xeito virtual. Descubrirás todo o potencial desta nova tecnoloxía para diferentes tipos de industrias, como por exemplo a industria cosmética, que podería comprobar se os compoñentes dun produto son seguros para a nosa pel; ou a industria farmacéutica, que podería realizar ensaios de novos fármacos de xeito personalizado.
Tradución ao galego de Ana Gómez.


Geraldine Hamilton    AUTORÍA
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO