Deixar as redes sociais

Incorporación a Proxector: 23/11/2021

Vídeo de TED (13´ 50´´) no que Cal Newport, profesor asistente de Ciencias da Computación na Universidade de Georgetown, expón a súa visión sobre as redes sociais e as súas razóns para non usalas. Na súa charla trata de desmontar algúns dos principais argumentos dos defensores desta tecnoloxía (como a súa suposta utilidade para triunfar profesionalmente), incidindo nos prexuízos cognitivos e psicolóxicos que supón unha exposición permanente ás redes sociais, como poden ser a perda da nosa capacidade de concentración ou o maior risco de padecer depresión ou ansiedade.
Tradución ao galego de Alba Lorenzo Alonso.


Cal Newport    AUTORÍA
23/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    Portugués    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO