Vídeo didáctico (13´ 55´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a lírica medieval galego-portuguesa. Trátase dunha segunda entrega que completa un vídeo anterior, de carácter introdutorio, sobre esta mesma temática.
Neste segunda parte aprenderás cales son as características de cinco tipos de cantigas: as cantigas de amigo, as cantigas de amor, as cantigas de escarnio e maldizer, as cantigas de Santa María e o pranto.

