Vídeo didáctico (9´ 31´´) que che axudará a entender a orixe e o significado dalgúns dos microtopónimos da parroquia de Marzoa, no concello de Oroso. Tamén aprenderás como podes colaborar co Proxecto Toponimia de Galicia rexistrando os microtopónimos na aplicación Galicia Nomeada.
Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.

