Os nomes da terra. Arteixo

Incorporación a Proxector: 7/2/2022

Vídeo didáctico (8´ 32´´) no que Fran Cañotas te convida a viaxar a Arteixo para descubrir como a toponimia das trece parroquias que conforman o concello testemuña a forma de vida no pasado das arteixás e dos arteixáns.

Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.

Xosé Antón Moure    AUTORÍA
Asociación Socio-Pedagóxica Galega CREACIóN
7/2/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO