Marea vermella á vista, prohibido mariscar

Incorporación a Proxector: 2/5/2022

Vídeo (9´ 09´´) en que Alejandro Cao e Sandra Raposo explican que son as mareas vermellas (tamén coñecidas como "purga do mar"), como xorden (por causa da proliferación de microalgas ou de fitoplancto), e como poden chegar a ser un problema de saúde pública ao entraren na cadea trófica biotoxinas producidas por esas microalgas e acabar chegando aos seres humanos.
Por último, cóntannos das investigacións que realizan arredor desas biotoxinas con axuda de células humanas cultivadas in vitro e de animais de experimentación: estudos de toxicidade, e novos métodos de detección para evitar intoxicacións e mellorar a saúde pública.

Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.

Alejandro Cao Cancelas    Sandra Raposo García    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
2/5/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO