Cambio climático nos ecosistemas terrestres. Parte III

Incorporación a Proxector: 19/5/2022

Vídeo (21´ 51´´) que contén a terceira parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". O profesor Díaz-Fierros remata coa exposición de datos que determinan o estudo do cambio climático (exposición que comezara na segunda parte desta charla) e, a continuación, céntrase na teoría dos gases de efecto invernadoiro, que axuda a explicar o proceso de quecemento da temperatura dos últimos tempos.

Outros vídeos da serie:


Francisco Díaz-Fierros Viqueira    AUTORÍA
19/5/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO