Microextracción líquido-líquido dispersiva

Incorporación a Proxector: 13/6/2022

Para reverter o deterioro medioambiental que ocasionaban as técnicas clásicas da química analítica no tratamento da mostra, desenvolvéronse novas técnicas e metodoloxías denominadas técnicas de microextración, máis acordes cos principios da química analítica verde. Neste vídeo divulgativo (3´), Pamela Cabarcos Fernández e Iván Álvarez Freire explícannos concretamente en que consiste a microextracción líquido-líquido dispersiva, unha técnica que permitiu o desenvolvemento de aplicacións en diversos campos da química analítica, da toxicoloxía e do medio ambiente.
Esta peza foi galardoada co primeiro premio do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.

Iván Álvarez Freire    Pamela Cabarcos Fernández    AUTORÍA
13/6/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO