Persoas que alicerzaron a nosa cultura: Vicente Risco - literato

Incorporación a Proxector: 18/7/2022

Cuarta entrega da serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Neste vídeo (5´ 23´´) coñecerás, da man de Nate Pazo, a súa faceta de literato. Formado primeiro no modernismo e posteriormente no saudosismo, Vicente Risco acabou asimilando o surrealismo e como autor foi un “escritor total” que cultivou todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, ensaio), mais foi coa súa novela O porco de pé (1928), unha crítica aceda ao arribismo, coa que deixou sen dúbida unha pegada imborrable na literatura galega.

A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Visualq. CREACIóN
18/7/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO