Persoas que alicerzaron a nosa cultura: Vicente Risco - xornalista

Incorporación a Proxector: 2/9/2022

Quinta entrega da serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Neste vídeo (4´ 49´´) Nate Pazo fálanos da súa faceta como xornalista. Foi precisamente na súa obra xornalística na que introduciu as vangardas, tentando modernizar o discurso do nacionalismo e chegando a influír notablemente nos artistas plásticos da posguerra. Colaborador asiduo de diferentes xornais e revistas nacionalistas, Vicente Risco foi un dos grandes impulsores da revista Nós (1920-1936), voceiro dos intelectuais da xeración Nós. Despois da guerra, continúa o seu labor xornalístico como colaborador en xornais como La Noche ou La Región, neste último con artigos memorables recollidos posteriormente no libro Libro de las horas (1961).

A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Visualq. CREACIóN
2/9/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO