Vídeo didáctico (25´ 46´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Lucía Catoira Pan e Alberte Branco "Bertitixi" nos explican cal é a función do Departamento de Fotografía na elaboración dunha película. Nesta “olloclase” aprenderás como se traballa cos encadramentos, a óptica, os movementos de cámara e a luz no proceso de composición audiovisual.
Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.
Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.

