Estética e semiótica da química: formulando con arte

Incorporación a Proxector: 11/11/2022

Conferencia didáctica (44´ 18´´) na que Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), nos fala da relación da química coa estética e a semiótica, así como da "linguaxe universal" recollida na táboa periódica que nos permite “formular con arte”.

A charla está dirixida a alumnado de secundaria e foi organizada por Igaciencia en novembro de 2013, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.

Marcelino Maneiro Maneiro    AUTORÍA
Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) CREACIóN
11/11/2022
#química   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO