Axitación e delirio no paciente con patoloxía crónica avanzada

Incorporación a Proxector: 11/11/2022

Vídeo didáctico (16´ 01´´) no que Yoana Besteiro Balado, residente do terceiro ano de Medicina Interna no Hospital Universitario Lucus Augusti, nos fala da axitación e do delirio no paciente con patoloxía crónica avanzada. Concretamente, na súa exposición explica que se entende por delirio (estado de confusión agudo provocado por unha disfunción cerebral difusa), que clínica produce e como se manexa.

Esta charla tivo lugar en outubro de 2021, no marco das actividades formativas organizadas polo Hopital Universitario Lucus Augusti.

Yoana Besteiro Balado    AUTORÍA
Hospital Universitario Lucus Augusti CREACIóN
11/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO