Aprendo con Olloboi 5. Interpretación

Incorporación a Proxector: 11/11/2022

Vídeo didáctico (29´ 39´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que descubrirás cales son as claves para que os e as intérpretes expresen con empatía o que está escrito no guión, logrando deste xeito que película chegue ao público. Sandra Montes (directora de probas de selección e asistente de dirección) e Miguel de Lira (actor) fálannos das diferentes técnicas de interpretación e das habilidades necesarias para construír personaxes.

Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas.

Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.

Miguel De Lira    Sandra Montes    AUTORÍA
Asociación Cultural Olloboi CREACIóN
11/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO