Con motivo da pandemia da Covid-19 comezou a circular moita información falsa en Internet sobre a suposta relación da tecnoloxía 5G e a propagación do coronavirus SARS-CoV-2. Neste vídeo divulgativo (2´ 12´´) o investigador do Grupo de Tecnoloxías de Información de atlanTTic, Felipe Gil, fai un percorrido breve pola historia das telecomunicacións e explícanos en que consiste realmente o 5G e cales son as súas aplicacións, aproveitando para deixar claro que a súa relación coa Covid-19 é nula.

Esta peza forma parte da serie "Unha cuestión de ciencia", elaborada pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.

Felipe Gil    AUTORÍA
Universidade de Vigo CREACIóN
11/11/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO