Que é a intelixencia artificial?

Incorporación a Proxector: 14/12/2022

Estes días coñecemos a nova de que a cidade da Coruña será a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), pero sabemos que é exactamente a intelixencia artificial? Neste vídeo divulgativo (2´ 30´´) Daniel Mosteiro Angueira, alumno do grao de Enxeñaría Informática da USC, explícanos en pouco máis de dous minutos que significa este concepto, cales son as principais aplicacións da disciplina e cal pode ser o seu principal reto para o futuro.

Esta peza foi premiada cun accésit no I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.

Daniel Mosteiro Angueira    AUTORÍA
14/12/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO