Mergullámonos no océano do futuro?

Incorporación a Proxector: 21/12/2022

A queima de combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas son as principais causantes do quecemento da atmosfera e do cambio climático que estamos a sufrir na actualidade. Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, analiza nesta charla didáctica (1 h, 18´, 04¨) cales son as consecuencias que estas emisións de gases están a provocar nos nosos océanos.

A charla, dirixida principalmente a alumnado de secundaria, foi emitida en directo o 21 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.

Emilio Fernández Suárez    AUTORÍA
Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) CREACIóN
21/12/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO