Bioxeografía, ecoloxía e conservación da víbora de Seoane

Incorporación a Proxector: 23/1/2023

Vídeo divulgativo (52´ 51´´) no que o biólogo Fernando Martínez-Freiría nos fala da víbora de Seoane, a especie de ofidios máis frecuente en Galicia. En concreto, preséntanos as súas características específicas, fálanos da variabilidade morfolóxica, xenética, de coloración e depredación desta especie, e por último explícanos como afecta o cambio climático na súa conservación.

Esta charla tivo lugar o 28 de novembro de 2020 en Pontevedra, no transcurso das IV Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Fernando Martínez-Freiría    AUTORÍA
Sociedade Galega de Historia Natural CREACIóN
23/1/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO