Saúde e bos hábitos

Incorporación a Proxector: 19/12/2023

Charla didáctica (52´ 10´´), dirixida a alumnado de secundaria, na que o divulgador David Ballesteros expón, cun enfoque lúdico e práctico, como inflúen os bos hábitos de vida na nosa saúde. En concreto, aprenderás que aspectos relacionados coa alimentación e co exercicio físico debes ter en conta para manterte san.

Esta actividade desenvolveuse o 9 de maio de 2019, no marco da décimo cuarta edición de Galiciencia.

David Ballesteros    AUTORÍA
Parque Tecnolóxico de Galicia - Tecnópole CREACIóN
19/12/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO