Terceira entrega (11´ 06´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre os problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente". Nesta ocasión o profesor Germán Santos ensínache a resolver o seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor marrón (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home dobre heterocigótico ten fillos cunha muller que tamén é dobre heterocigótica. Como poden ser os fillos?".
Outros vídeos da mesma serie:
- Problemas de xenética para dous caracteres (I)
- Problemas de xenética para dous caracteres (II)
- Problemas de xenética para dous caracteres (IV)