O terceiro que camiña á miña beira: alucinacións históricas

Incorporación a Proxector: 3/3/2023

Vídeo divulgativo (19´ 30´´) no que a psiquiatra Iria Veiga Ramos, usando como fío narrativo o acontecido durante a expedición á Antártida que liderou Ernest Shackleton a comezos do século XX, nos fala do "fenómeno do terceiro home". Esta foi a denominación que na época usaron para referirse á estraña sensación que relataron ao regreso da expedición o propio Shackleton e outros compañeiros, que aseguraban ter sentido a presenza dunha persoa detrás deles cada vez que camiñaban de últimos na fila durante unha dura travesía (algo imposible na realidade, pois o lugar estaba deserto). Iria Veiga cóntanos cales son as diferentes explicacións que a psiquiatría e a psicoloxía evolutiva ofrecen para tratar de entender as alucinacións extracampinas, é dicir, as alucinacións que se atopan fóra do campo visual.

A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).

Iria Veiga    AUTORÍA
Concello de Pontevedra CREACIóN
3/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO