Os nomes da nosa terra. Compostela

Incorporación a Proxector: 23/3/2023

Vídeo divulgativo (10´ 23´´), pertencente á serie Os nomes da nosa terra, realizado co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico. Nesta ocasión terás a oportunidade de afondar, da man de Fran Cañotas, na orixe e significado dalgúns nomes de rúas e prazas da cidade de Compostela, e incluso descubrirás que o significado do propio nome da cidade non ten nada que ver cun campo de estrelas, coma a maioría da xente pensa.

A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, foi producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021.

Xosé Antón Moure    AUTORÍA
23/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO