Cada praia ten as súas características específicas e mesmo poderiamos dicir que o seu "propio ADN". Unhas teñen areas máis grosas, outras máis finas, nunhas predominan as cunchas, noutras non... Pero preguntácheste algunha vez de onde sae a area das praias? David Ballesteros explícanos neste breve vídeo divulgativo (1´ 04´´) como se crean os depósitos sedimentarios costeiros.
A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.

