Verbas. Curso de lingua e cultura galegas. Sesión 10

Incorporación a Proxector: 25/4/2023

Décima entrega (57´ 44´´) do curso de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura, na que se fai un breve percorrido pola historia da literatura galega. No bloque de contidos gramaticais preséntase o indefinido e a conxugación e usos do copretérito. Así mesmo, tamén aprenderás cales son as principais conxuncións que usamos en galego para expresar coordinación.

A sesión foi emitida o día 22 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
25/4/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO