Historia da gravidade

Incorporación a Proxector: 25/4/2023

Charla divulgativa (1h 11´ 23´´) na que Ana Garbayo Peón, investigadora predoutoral do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), nos presenta as catro interaccións fundamentais que son quen de gobernar os obxectos do Universo, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Na súa explicación céntrase concretamente na interacción gravitatoria, a forza que nos mantén pegados ao chan, pero que tamén permite a existencia da atmosfera, do sistema solar e das galaxias.

A charla tivo lugar o 21 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.

Ana Garbayo Peón    AUTORÍA
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) CREACIóN
25/4/2023
#física   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO