Verbas. Curso de lingua e cultura. Sesión 12

Incorporación a Proxector: 10/5/2023

Duodécima sesión (43´ 52´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta ocasión terás oportunidade de familiarizarte co léxico galego relacionado coa música, e descubrir a diversidade de xéneros musicais nos que se usa o noso idioma. No bloque gramatical aprenderás como se expresa o inicio e a duración dunha acción, e como se sitúa unha acción no tempo. Tamén se explica a conxugación e mais os usos do antepretérito.

A sesión foi emitida o día 30 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
10/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO