Mourelle de la Rúa: o último gran descubridor

Incorporación a Proxector: 10/5/2023

En 1750 nacía en Corme Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, un mariño galego que se convertería nun dos descubridores máis importantes do mundo. Neste documental (46´ 42´´) faise un percorrido pola traxectoria vital e profesional do almirante Mourelle de la Rúa, que pasou á historia, entre outras cousas, por participar no século XVIII na expedición a Alaska. Despois de décadas de fazañas e descubrimentos, Mourelle de la Rúa chegou a ser un dos mariños máis veteranos da Armada Española e a súa valía como navegante foi tal que mesmo o famoso James Cook acabou usando o seu diario viaxe para as expedicións polo Pacífico.

A peza está dirixida por Chema Gagino e Amalia Mato, e foi realizada realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Chema Gagino    Amalia Mato    AUTORÍA
10/5/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO