Visite Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado

Incorporación a Proxector: 24/3/2023

O Museo Etnolóxico de Ribadavia custodia nos seus fondos sete láminas con estampas do proxecto de promoción turística “Visite Galicia”, realizado por Ksado en 1929. Neste vídeo divulgativo (3´ 36´´ ) descubrirás en que consistiu esta iniciativa, así coma os principais datos biográficos do seu autor, entre cuxos méritos profesionais destaca o de ter sido o creador do arquivo gráfico do Seminario de Estudos Galegos.

Luis Ksado    AUTORÍA
Museo Etnolóxico de Ribadavia CREACIóN
24/3/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO