Décimo quinta sesión (55´ 45´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez e Borja Tobío fannos un pequeno percorrido pola historia de Galicia (e nomeadamente pola historia social do idioma galego), desde cultura castrexa ata a Idade Media. No material complementario atoparás tamén información sobre os adverbios de tempo, de afirmación e de dúbida.
A lección foi emitida en directo o día 12 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

