Introdución á Apredizaxe-Servizo

Incorporación a Proxector: 7/6/2023

A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta educativa innovadora na que se combinan procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade, de xeito que os participantes se forman ao tempo que traballan sobre necesidades reais dunha contorna co propósito de mellorala. Neste vídeo didáctico (7´ 54´´) Miguel Anxo Santos Rego, Alexandre Sotelino Losada e Mar Lorenzo Moledo, membros do grupo de investigación Esculca, explícannos cales son os fundamentos e mais os indicadores de calidade desta metodoloxía pedagóxica. Así mesmo, tamén se ofrece a opinión do alumnado e das entidades participantes en experiencias de ApS.

Esta peza forma parte da serie didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.

Mar Lorenzo Moledo    Miguel Santos Rego    Alexandre Sotelino Losada    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
7/6/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO