A ONU prevé que para 2050 as bacterias resistentes aos antibióticos serán a nosa principal causa de mortalidade. Nesta charla de TED (10´ 59´´) Leon Marchal explícanos como as prácticas da industria alimentaria contribuíron a crear un gran reservorio de bacterias resistentes aos antibióticos e alértanos da imperiosa necesidade de transformar esta industria a nivel mundial para evitar o uso excesivo de antibióticos en produtos animais.
Tradución ao galego de Héctor Pardo Álvarez para #TedSaúde.

