Décimo sétima sesión (51´ 53´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Concha Diéguez axudarache nesta lección a familiarizarte co léxico galego relacionado cos oficios, deténdose especialmente nos oficios tradicionais galegos. No bloque gramatical, aprenderás a empregar os interrogativos (que, cal, quen, canto/a, cando, onde, cando, como, por que, para que) para formular preguntas, e mais a expresar necesidade con estas dúas fórmulas: “necesitar + infinitivo” e “necesitar que + presente de subxuntivo”.
A lección foi emitida en directo o día 19 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

