Décimo oitava sesión (55´ 56´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura.
Nesta lección aprenderás o léxico necesario para poder falar dun produto cultural moi consumido actualmente pola xente moza: as series de televisión. No bloque gramatical, Concha Diéguez explícanos a formación do feminino, e tamén nos ensina algunhas estruturas gramaticais útiles para facer valoracións.
A lección foi emitida en directo o día 22 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

