En galego temos milleiros de termos para nomear e describir a nosa estreita relación co mar. Neste vídeo divulgativo (2´ 24´´) o xeógrafo e investigador da USC Alejandro Gómez Pazo amósanos o significado dunha pequena selección: seixo, coído, con, touza, cantil, mareira e creba.
Este foi o vídeo gañador da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “A utilidade do galego”.

