Décimo novena sesión (46´ 43´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Concha Diéguez, apoiándose en cancións e recitados populares, axúdanos nesta lección a familiarizarnos co léxico que usamos en galego para nomear as partes do corpo e para describir as persoas. Tamén descubrirás varias páxinas web que che permitirán achegarte á nosa rica tradición oral. No bloque gramatical, aprenderás a conxugación verbal e mais os usos do pospretérito.
A lección foi emitida en directo o día 26 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

