As “xeiras” do Seminario

Incorporación a Proxector: 5/7/2023

En 1926 os membros do Seminario de Estudos Galegos (SEG) puxeron en marcha unhas campañas de investigación que chamaron “xeiras”, nas que participaba persoal científico de diferentes disciplinas. Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) cóntannos en que consistiu ese método de estudo multidisciplinar e participativo tan novidoso no seu tempo.

Esta peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.

Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Centro Superior de Investigacións Científicas CREACIóN
5/7/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO