Vixésima lección (50´ 31´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez axudarache a familiarizarte co vocabulario relacionado cos medios de comunicación, facendo tamén un percorrido histórico polos medios galegos.
No bloque gramatical aprenderás a conxugación do modo verbal imperativo, e tamén as estruturas que empregamos en galego para expresar obrigatoriedade e mais para falar de hábitos.
A lección foi emitida en directo o día 29 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Material didáctico complementario.

