0 e os infinitos

Incorporación a Proxector: 14/7/2023

Sabías que hai infinitos máis grandes ca outros? Entenderalo grazas a “Cero”, unha simpática animación que neste vídeo didáctico (2´ 27´´) compara os cardinais dos diferentes conxuntos numéricos.
Este vídeo foi galardoado co primeiro premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023. Está elaborado por Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González, alumnas do IES Isaac Díaz Pardo (SADA), coa supervisión da profesora Beatriz Márquez Villamarín.

Carmen Castelo Monteagudo    Inés Prado Justo    Noa Salinas González    AUTORÍA
IES Isaac Díaz Pardo (Sada) CREACIóN
14/7/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO