Vixésimo segunda lección (1 h 9´ 9´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez e Borja Tobío fálannos dos camiños de Santiago, un conxunto de itinerarios de peregrinación a Santiago de Compostela que teñen a súa orixe arredor do ano 820, tras a descuberta do sepulcro do apóstolo Santiago.
No Material didáctico complementario atoparás un mapa con estes itinerarios históricos, así como outros contidos de carácter gramatical, como a conxugación do presente de subxuntivo.
Esta lección foi emitida en directo o día 6 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

