Preparación dun indicador natural de pH

Incorporación a Proxector: 21/7/2023

Un indicador é unha substancia que cambia a súa cor en función de que estea en contacto cun ácido ou cunha base, é dicir, en función do pH. Neste vídeo didáctico (4´) Marcelino Maneiro, profesor titular de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), amósanos como se prepara un indicador de ácido-base natural a partir da col lombarda.

A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.

Marcelino Maneiro Maneiro    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
21/7/2023
#química   
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO