Os grafos son estruturas formadas por nodos e mais por arestas (que unen dous nodos relacionados). Laura Dopazo e Santi Vilas, alumnos do IES Eusebio da Guarda, axudaranche a entender neste vídeo didáctico (2´ 30´´) a teoría de grafos, empregada no ámbito das matemáticas e nas ciencias da computación.
Este vídeo foi galardoado co segundo premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023.

