A banca galega

Incorporación a Proxector: 27/9/2023

Vídeo divulgativo (35´´) pertencente á exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.

Nesta peza Pablo Núñez Meneses, comisario da exposición, preséntanos o panel no que se fala dalgúns dos bancos galegos que emitiron papel moeda no século XIX, como o Banco Soto de Chantada ou a Casa de Banco e Comercio Bengoechea de Ribadeo.

Pablo Núñez Meneses    AUTORÍA
Museo Provincial de Lugo CREACIóN
27/9/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO